Novas

#SaboresdeOurense
17
Novembro 2016

Premio App #SaboresdeOurense

Xunto con todas as persoas que elixíchedes cubrir os vosos votos e depositalos nas urnas de cada un dos locais, hai outros que preferiron facelo desde o seu teléfono móbil a través da app do concurso #SaboresdeOurense. E a tecnoloxía tamén leva premio!

Para os establecementos existe un recoñecemento especial para o que recibiu máis votos a través deste sistema, e, ademáis, entre todo o público participante haberá un sorteo cunha tablet de agasallo. Aínda non coñecemos quen foi o agraciado ou agraciada, pero si que establecemento arrasou nesta categoría.

san-miguel_w

GASTRO BAR SAN MIGUEL

Polo seu pincho «Vieira de Outono»

Vieira en costra de millo sobre cogomelos e castañas, iogur líquido picante e folla de figueira crocante

Compartir