Esta política de privacidade establece a forma en que se van xestionar os datos persoais facilitados polas persoas que depositen papeletas nas urnas de votación da promoción “Sabores de Ourense – Pinchos de Outono 2021”, acto que lles da dereito a entrar nun sorteo de agasallos facilitados polos patrocinadores desta promoción. Para que estás papeletas sexan válidas as persoas deben facilitar unha serie de datos persoais de contacto e dar o seu consentimento ao uso destes.
Nesta declaración de privacidade explicamos que datos persoais recompilamos neste sitio e como os utilizamos.
Advertir que esta política so se aplica a persoas maiores de idade. Neste caso non se admitirá tratamento de datos a menores de 18 anos.
Esta Política de Privacidade poderá variar en función de exixencias lexislativas ou de autorregulación, polo que se aconsella ás persoas usuarias que a visiten periodicamente.
O Concello de Ourense e a Unión de Hosteleros Ourensanos (UHO), como coorganizadores da promoción “Sabores de Ourense – Pinchos de Outono 2018” establecen esta política de privacidade conforme ás esixencias da Lei Orgániza 3/2018 do 5 de decembrode protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, en congruencia co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas (RGPD). Con tal fin, achegan as seguintes informacións:
Responsable do tratamento dos seus datos persoais
- Reponsable do tratamento: Concello de Ourense, con CIF e domicilio en Praza Maior S/N (32005, Ourense). A entidade dispón da figura do delegado de protección de datos (dpd@ourense.gal)
- Encargado de tratamento: Unión de Hosteleiros Ourensanos, con CIG G32280380 e domicilio en Tecnópole, Of. 13 (32900, San Cibro de Viñas), e os seus contratistas.
Finalidade coa que se tratan os datos persoais
Esta política de datos remite as papeletas de votación dispoñibles para o público nos establecementos participantes na promoción “Sabores de Ourense – Pinchos de Outono 2021”, que deberán ser depositadas en urnas seladas unha vez cubertas. Os datos que se solicitan son: nome, teléfono, correo electrónico. A finalidade destes datos é poder contactar coa persoa indicada na papeleta, no caso de que resultase gañadora do sorteo, para poder facer entrega do premio que lle corresponde.
Ao facilitar esta información, vostede dá o consentimento para que sexa recompilada, utilizada, xestionada e almacenada polo Unión de Hosteleiros de Ourense única e exclusivamente para esta finalidade.
Por canto tempo conservaremos os seus datos?
Os datos persoais proporcionados conservaranse ata o momento no que se entregue o correspondente premio.
Lexitimación para o tratamento dos datos
A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento. Cando cubra a papeleta cos datos debe facer constar este consentimento marcando a casilla que así o indica.
As categorías de datos que se solicitan nesta papeleta son da categoría de datos identificativos. Non se tratan categorías de datos especialmente protexidos.
Debe entender que é imprescindible que nos facilite os seus datos no caso de querer participar neste sorteo e optar a algún dos agasallos. Por iso, se non nos facilita os datos persoais solicitados ou non acepta esta política de privacidade, non poderemos xestionar a súa solicitude.
Dereitos das perosas
Como persoa interesada poderá acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos. En determinadas circunstancias, as persoas interesadas poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso responsable do tratamento unicamente os conservará para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, as persoas interesadas poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. A Unión de Hosteleiros, deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións. Coma interesado, ten dereito a recibir os datos persoais que nos teña facilitado nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e a transmitilos a outro responsable do tratamento cando:
– O tratamento estea baseado no consentimento.
– Os datos teñan sido facilitados pola persoa interesada.
– O tratamento se efectúe por medios automatizados.
As persoas interesadas tamén terán dereito á tutela xudicial efectiva e a presentar unha reclamación ante a autoridade de control, neste caso, a Axencia Española de Protección de Datos, se considera que o tratamento de datos persoais que lle concirnan infrinxe o Regulamento.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante unha solicitude realizada ante o Concello de Ourense que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro.
Segredo e seguridade dos datos
Concello de Ourense e UHO comprométense no uso e tratamento dos datos persoais das persoas participantes, respectando a súa confidencialidade e a utilizalos de acordo coa súa finalidade, así como a adaptar todas as medidas para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de conformidade co establecido na normativa vixente de protección de datos.
Exactitude e veracidade dos datos
Como persoa particpante garante e responde, en calquera caso, da exactitude, vixencia e veracidade dos datos persoais facilitados, e comprométese a mantelos debidamente actualizados e aceptará proporcionar información completa e correcta.
Cambios na política de privacidade
Concello de Ourense e UHO resérvanse o dereito a modificar esta política para adaptala ás novidades lexislativas ou xurisprudencias.