Palmarés Primavera 2024
Premios do Xurado Profesional
1º PREMIO
2º PREMIO
3º PREMIO
Premio Pincho Celíaco
Accésit ao pincho máis creativo
Premio do Público
CO APOIO DE:
O viño é parte da nosa cultura gastronómica, nun territorio cunha importante concentracións de denominacións de orixe vitivinícolas. Sabores de Ourense promociona as mellores maridaxes co apoio da DO Ribeiro, da que a cidade forma parte.
Lembra sempre que, o viño, mellor con moderación.
Para que todas e todos podamos gozar dos Sabores cada ano, en colaboración co delegación ourensá da Asociación de Celíacos de Galicia establecemos un premio ao mellor pincho sen glute.
Os pinchos aptos para persoas celíacas están identificados coa icona dunha espiga tanto no folleto como nas fichas desta web.
Unha marca para celebrar a nosa gastronomía
A mesa ourensá reúne o mellor das diferentes tradicións culinarias de Galicia: da costa adoptou a paixón polo polbo, e do interior o gusto polas carnes e as verduras da horta. Moitos dos produtos máis recoñecidos da gastronomía galega prodúcense aquí, varios deles protexidos con Denominación de Orixe: o pan, a carne, as patacas, os viños…
#Saboresdeourense, alén dun concurso anual de tapas, é un selo de calidade co que celebrar e dar a coñecer o mellor da nosa cociña: a sabedoría dos nosos profesionais e a calidade das materiais primas.
Un mordisco apetecible e un hashtag para compartir polo mundo adiante.