Resumo de actividades Sabor de Maio 2018
Os días 9 e 10 de maio os Sabores de Ourense trasladáronse ao Centro Comercial Ponte Vella para a celebración das actividades programadas nas xornadas gastronómicas de Sabor de Maio.
O día 9 puidemos participar nunha cata comentada de varios caldos das adegas do grupo Reboreda Morgadío, Adegas Melilla e Adegas Santa Marta, todo isto acompañado por unha degustación de queixos de Queserías Lomba.
O día 10 foi o o turno do showcooking “a 6 mans”, que reuniu a dous cociñeiros de sona como son Diego López, do restaurante La Molinera (Lalín) e Marco Varela, do Restaurante Sábrego(Casal de Armán), acompañados polos cócteles de Guillermo González, do Cocktail Bar Moon93. Da man destes tres profesionais gozamos dunha tarde de auténtica creatividade culinaria e sabores moi primaverais, frores incluidas.
[layerslider id=”14″]