Share
Google+LinkedInPinterest

Sabores de Ourense en XANTAR 17

Do 1 ao 5 de febreiro Ourense vive de cheo para a gastronomía. Volve XANTAR, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que cada ano reúne o mellorciño das cociñas de España, Portugal e boa parte de Latinoamérica. Preto de 20 restaurantes trasládanse a Expourense con menús especiais a prezos incribles para saborear na propia feira, nunhas xornadas con catas, degustacións, obradoiros de cociña, showcookings e unha chea de actividades máis.

Como non podía ser doutro xeito os Sabores de Ourense estarán alí, facendo gala da calidade dos nosos productos e bo facer dos nosos profesionais. Nesta edición o restaurante de #Sabores presentará un menú a base de pinchos dalgúns dos establecementos premiados nas pasadas edicións do Concurso de Pinchos Sabores de Ourense, coa opción de combinalos cunha ración de polbo á feira e regados con bo viño dalgunha das 4 DO da provincia.

[separator top=”40″]

Achégate a XANTAR e vén descubrir os auténticos #Sabores de Ourense!

[separator top=”40″]
[one_half last=”no”]

MENU A – 22€

6 pinchos + pan + viño DO Ourense
  • Milfollas de mango e bacallau (Garden Porta da Pía)
  • Canelón de lagostinos, cogumelos e allos tenros (Gastro Bar San Miguel)
  • Flor de queixada e castañas coa súa salsa (Atarazana)
  • Capuchino de cogomelos (A Feira)
  • Afumado de caballa con alga wakame (Bar Fuentefría)
  • Ás de polo con salsa Sweet Chilli (A Saia da Carolina)

[separator top=”60″]

Busca o noso logo en Xantar e colle mesa!


[/one_half]

[one_half last=”yes”]

MENU A – 30€

6 pinchos + ración de polbo + pan + viño DO Ourense

+ info en www.xantar.org

[/one_half]