Share
Google+LinkedInPinterest

Sesión co xurado profesional e primeiros gañadores

Logo de dúas semanas intensas de Sabores de Ourense o Xurado Profesional da 9ª edición do Concurso de Pinchos de Outono reuniuse no Restaurante A Taberna para elexir os premiados deste ano.Durante a cata e posterior deliberación o xurado valorou a presentación, sabor e técnica das creacións presentadas, todas con presenza de cogumelos, castañsa e outros productos de tempada.

Nesta edición, destacados profesionais da cociña animáronse a formar parte do xurado, algúns chegados de lugares lonxanos, como é o caso de Jie Xu, Chef executivo do restaurante chino do Hotel Parkyard, en Shangai, e Leonardo Morán Reyes, gañador nada menos que da última edición do Master Chef Colombia. Tamén formaron parte do xurado o xornalista da Radio Galega, Jose Manuel García, presentador do programa Comes ou Pagas?, o barista profesional Damián Seijas, e o técnico en restauración Óscar Vaz. En representación do Concello de Ourense acudiu o Concelleiro delegado de Turismo e Termalismo, Jorge Pumar.

O xurado tivo a oportunidade de gozar dunha intensa sesion gastronómica degustando os dez pinchos finalistas, as creacións dos establecementos: A Feira, Bar Miguel, Portovello, Tapa Negra, A Casita do Pulpo, A Saia da Carolina, Gastro Bar San Miguel, La Estación de Loman, La Gula y Atarazana. O xurado de aproximación encargado de facer esta primeira criba (e probar os 49 pinchos!) contou coa participacións dos bloggers Conchi Zuñiga (Cocinando Setas) e Jose Luis Oliveira (As Pequenas Viaxes), ademais do cociñeiro e reposteiro Juan Carlos Arrieta.

Primeiros gañadores

O premio do Xurado Profesional é o que tradicionalmente primeiro se coñece no Concurso de Pinchos Sabores de Ourense. Mentres quedan por dilucidar o Premio da app #SaboresdeOurense e o Premio do Xurado Popular, imos dando os nosos parabéns aos seguintes establecementos:

3º Premio do Xurado Profesional

A Feira

Polo seu pincho «Capuchino de cogomelos en copa con escuma de touciño entrefebrado afumado galego»

a-feira
Salteado de cogomelos, xamón e tomate natural, crema de cogomelos por riba e completando cunha escuma de touciño entrefebrado afumado galego

2º Premio do Xurado Profesional

Tapa Negra

Polo seu pincho «Iberotoño»

tapa-negra_w
Queixada de porco ibérico guisada, crema de apio e nabo, galleta de castaña pilonga afumada, cogomelos e po de cenoria

1º Premio do Xurado Profesional

Gastro Bar San Miguel

Polo seu pincho «Vieira de Outono»

san-miguel_w
Vieira en costra de millo sobre cogomelos e castañas, iogur líquido picante e folla de figueira crocante

NORABOA AOS PREMIADOS