Rematada a XIII edición. Graciñas pola vosa participación

O 1 de decembro desvelamos os pinchos gañadores

O Liceo de Ourense acollerá a entrega de diplomas aos establecementos gañadores nas categorías de Xurado Profesinal e do Público. Tamén se realizará o reparto dos agasallos ás papeletas de votacións  premiadas  no sorteo do público.

O mércores, 1 de decembro, a partires das 19.00 h

O 13º Concurso de Pinchos Sabores de Ourense chegou ao seu fin logo de dúas semanas nas que tivemos a oportunidade de saborear 37 deliciosas propostas espalladas polos barrios de Ourense e onde destacou a creatividade e o bo facer.

Nos vindeiros días daremos a coñecer o palmarés completo, incluindo o mellor pincho celíaco e os premios do público, elixido cos vosos votos.. Cada unha das papeletas recolidas entrará no sorteo co que ano tras anos premiamos a vosa fidelidade.

PALMARÉS Outono 2021

Premios do Xurado Profesional

1º Premio

PORTOVELLO, polo seu pincho “Magosto

2º Premio

Cafetería GALAICA, polo seu pincho “Esmorga de Outono

3º Premio

Restaurante CANDEM, polo seu pincho “Tronco de outono

CO APOIO DE:

O viño é parte da nosa cultura gastronómica, nun territorio cunha importante concentracións de denominacións de orixe vitivinícolas. Sabores de Ourense promociona as mellores maridaxes co  apoio  da DO Ribeiro, da que a cidade forma parte.

Lembra sempre que, o viño, mellor con moderación.

Para que todas e todos podamos gozar dos Sabores cada ano, en colaboración co  delegación ourensá da Asociación de Celíacos de Galicia establecemos un premio ao mellor pincho sen glute.

Os pinchos aptos para persoas celíacas están identificados coa icona dunha espiga tanto no folleto como nas fichas desta web.

Unha marca para celebrar a nosa gastronomía

A mesa ourensá reúne o mellor das diferentes tradicións culinarias de Galicia: da costa adoptou a paixón polo polbo, e do interior o gusto polas carnes e as verduras da horta. Moitos dos produtos máis recoñecidos da gastronomía galega prodúcense aquí, varios deles protexidos con Denominación de Orixe: o pan, a carne, as patacas, os viños…

#Saboresdeourense, alén dun concurso anual de tapas, é un selo de calidade co que celebrar e dar a coñecer o mellor da nosa cociña: a sabedoría dos nosos profesionais e a calidade das materiais primas.

Un mordisco apetecible e un hashtag para compartir polo mundo adiante.

Outras edicións

Sabores Primavera 2023

Folleto Palmarés

13º edición Outono 2021

Palmarés Folleto

12º edición Outono 2019

Folleto Palmarés

11º edición Outono 2018

Folleto Palmarés

10ª edición Outono 2017

Folleto

Sabores Primavera 2017

Palmarés Folleto

9ª edición – Outono 2016

Folleto Gañadores

Sabores Primavera 2016

Folleto Gañadores

8ª edición – Outono 2015

Folleto Gañadores

Sabores Primavera 2015

Folleto Gañadores

Sabores Primavera 2014

Folleto Gañadores

7ª edición – Outono 2014

Folleto Gañadores

6ª edición – Outono 2013

Folleto Gañadores

Sabores Primavera 2013

Folleto

5ª edición – Outono 2012

Folleto

4ª edición – Outono 2011

Folleto

3ª edición – Outono 2010

Folleto

SÉGUENOS NAS REDES

Contacta con nós

    Nome (requirido)

    Email (requirido)

    Asunto

    Mensaxe